Renovación da acreditación do Mestrado da Avogacía


O vindeiro venres 25 de setembro está programada unha visita da ACSUG (que levará a cabo de forma virtual) para a renovación da acreditación do Mestrado da Avogacía. As persoas relacionadas co título que non sexan convocadas ás audiencias públicas poderán enviar os seus comentarios a través do correo audiencia.publica@acsug.es.