Mestrado universitario en dereito dixital e da intelixencia artificial (MUDDIA)


O Mestrado universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial (MUDDIA) da UDC responde aos retos xurídicos dunha sociedade e presidida polas tecnoloxías da información e a comunicación e polo desenvolvemento da intelixencia artificial.

O MUDDIA garante unha formación especializada e proporciona as ferramentas necesarias para desenrolar a actividade profesional nun entorno dixital que transformou o tráfico xurídico e as relacións entre administracións, entre o Estado e a súa cidadanía e entre particulares.

O MUDDIA-UDC consta de 60 ECTS, distribuídos nos dous semestres do curso académico. Está estruturado en módulos e materias: un primeiro módulo dedicado ao marco de referencia (12 ECTS), un segundo módulo sobre contidos específicos (33 ECTS) e un módulo final con prácticas externas, dúas materias optativas e o remate da titulación coa defensa do Traballo de Fin de Mestrado.

Plan de estudos

Organización xeral do plan de estudos
O Mestrado universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial pola Universidade da Coruña consta de 60 ECTS, distribuídos nos dous semestres dun curso académico. Consta de cinco módulos (I. Marco de referencia, II. Marco específico, III. Prácticas externas. IV. Materias optativas, e V. Traballo de Fin de Máster). Os tres primeiros módulos teñen carácter obrigatorio e constan, respectivamente, de 12, 33 e 6 ECTS. O cuarto módulo ten carácter optativo e cada estudante ha de elixir unha materia entre as dúas ofertadas: Metodoloxía da investigación (3 ECTS), para aqueles/ as estudantes que opten por un perfil investigador, preferentemente a través dos estudos de doutoramento (para o que dispoñen de dous programas de doutoramento na Facultade de Dereito da UDC: programa oficial de doutoramento en Dereito: http://estudos.udc.es/es/study/start/5010V01 e programa oficial de doutoramento en Dereito administrativo iberoamericano: http://estudos.udc.es/es/study/start/5013V01); e Delegado de protección de datos (3 ECTS), para aqueles/ as estudantes que pretendan profundar neste sector do Dereito e orientar o seu futuro profesional a desempeñar esta función. Por último, o quinto módulo ten carácter obrigatorio e consta de 6 ECTS.

Módulos Materias
Módulo I
Marco de referencia (12 ECTS)
  • As relacións xurídicas na sociedade dixital (6 ECTS)
  • Privacidade e datos persoais (6 ECTS)
Módulo II
Marco específico (33 ECTS)
  • Contratación privada (6 ECTS)
  • Propiedade intelectual, propiedade industrial e Dereito da competencia (6 ECTS)
  • Dixitalización das relacións laborais e de Seguridade Social (3 ECTS)
  • Axenda dixital, Administracións públicas electrónicas e intervención pública (6 ECTS)
  • Dereito tributario e novas tecnoloxías (3 ECTS)
  • Criminalidade informática e ciberseguridade (4’5 ECTS)
  • Proceso e TIC (4’5 ECTS)
Módulo III
Prácticas Externas, TFM, Metodoloxía e DPD (15 ECTS)
  • “Prácticas externas (6 ECTS)
    • Metodoloxía da investigación (3 ECTS) (*)
    • Delegado de protección de datos (3 ECTS) (*)
  • Traballo de Fin de Mestrado (6 ECTS)

* As materias co asterisco (*) configúranse con carácter alternativo

 

Modalidade de ensino

Os ensinos do Mestrado universitario en Dereito dixital e da Intelixencia Artificial serán impartidas de forma presencial, en combinación con traballo autónomo virtual a través de medios e ferramentas dixitais (plataforma Moodle, videoconferencia).

O programa do MUDDIA profunda no estudo da protección de datos persoais, a cadea de bloques (blockchain), a contratación no sector público e privado, os contratos intelixentes, as Fintech, as Insurtech, a desconexión dixital, os controis electrónicos na contorna laboral, os delitos cibernéticos ou a ciberseguridade, e incorpora ámbitos novidosos como a robótica, a intelixencia artificial, o internet das cousas ou os drons, sen esquecer a súa influencia nas persoas e os seus dereitos, entre eles os dereitos dixitais.

O MUDDIA impártese de xeito presencial, co complemento de ferramentas de tele-aprendizaxe (Moodle, Teams…), e combina as perspectivas teórica e práctica cun profesorado con perfil académico e profesional. Ademais, para facilitar a comprensión dos numerosos cambios tecnolóxicos asociados á dixitalización e á intelixencia artificial, conta coa participación de profesorado da Facultade de Informática e especialistas do sector TIC.

ACTUALIDADE

Prazos de matrícula no Máster MUDDIA

0 comments

Xornadas sobre Dereito da propiedade industrial e intelectual e IA

O luns 29 de novembro celebraranse as xornadas sobre dereito da propiedade industrial e intelectual e intelixencia artificial

0 comments

Conferencia “Humanismo tecnolóxico”

O luns 11 de outubro o Prof. Dr. Fernando Llano Alonso, catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Sevilla, impartirá a conferencia “Humanismo tecnolóxico”, dentro do ciclo de conferencias do MUDDIA, neste caso na materia As relacións xurídicas na sociedade dixital. A conferencia celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Dereito ás 16:15. […]

0 comments

INFORMACIÓN PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA CURSO 2022/2023

ALUMNOS EEES

ALUMNOS NON EEES

CALENDARIO 2021/2022

PRIMEIRO CADRIMESTRE:

As clases empezan o 6 de setembro e impártense de luns-xoves de 16 a 20 horas.

SEGUNDO CADRIMESTRE:

As clases do 2º cuadrimestre comezan o 31 de xaneiro 2022 e finalizan o 9 de maio


CALENDARIO EXAMES PRIMEIRO CUADRIMESTRE

Relacións Xurídicas da Sociedade Dixital

Luns 17 xaneiro 17 horas

Privacidade e Protección de Datos Persoais

Mércores 19 xaneiro 17 horas

Dixitalización da Administración

Venres 21 xaneiro 17 horas

Dixitalización das Relacións Laborais

Martes 25 xaneiro 17 horas

Propiedade Intelectual

Xoves 27 xaneiro 17 horas

Entidades colaboradoras en prácticas externas

Sistemius, P&S Abogados, APDTIC, Aldaba Servicios Profesionales, Legal for Tech, VEGA CONSULTORES, ARCA & ABOGADOS, Ayuntamiento de A Coruña, Datalawyers, UDC (Delegado Protección Datos), Diputación de A Coruña, Abanca, Abnute Abogados

CONTACTO

Ana María Aba Catoira
coordinadora do estudo
ana.abac@udc.es

MÁIS INFORMACIÓN