Marzo Ambiental 2021 na UDC: Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio


Do 2 ao 18 de marzo: Eficiencia enerxética, Plásticos vs. Covid, Exercicio e saúde, Pandemia e sustentabilidade, Voluntariado ambiental, Contaminación acústica, Eco-deseño, Natureza e toponimia, Re-Zero menstruación, Mobilidade vs. Covid, Consumo responsábel e ecolóxico, Compostaxe e residuos, Pegada ecolóxica e hídrica, Eco-auditorías, Cambio climático, Biodiversidade.

Esta 4ª edición do Campus, Casa, Cidade trata cuestións prioritarias de sustentabilidade, no contexto dunha actualidade marcada pola pandemia de Covid-19, favorecendo o seu seguimento telemático.

O alumnado de Grao da UDC poderá solicitar o recoñecemento de Créditos: 1C por cada 10 horas de participación, seleccionadas entre calquera das actividades deste e doutros programas de Educación para a Sustentabilidade da OMA-UDC.

Avance 19 feb.

Como avance, unha visita guiada virtual á Exposición O Lixo na UDC – Modelo Nostián, a cargo de M. Vázquez, Técnico Superior de Medio Ambiente do Concello da Coruña, o 19 de febreiro. Esta exposición tamén se localizará durante o Marzo Ambiental para visita libre na Facultade de Socioloxía.

Convocatoria 2021 de acceso ás Hortas Comunitarias da Universidade no Campus de Elviña


A oficina de Medio Ambiente da UDC ven de abrir o prazo de solicitude para participar no concurso de uso das hortas da Universidade, que poderán ser solicitadas por toda persoa ligada á Universidade da Coruña, tanto estudantado como persoal.

Acceso ao formulario de solicitude (convocatoria aberta até o 10 de febreiro de 2021 ás 14h):

Mais informaicón sobre as Hortas da UDC: https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/hortas/