Dobre Mestrado Widener


Os estudantes matriculados no Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) teñen a posibilidade de acadar un doble mestrado, na UDC e na Widener University – Law Delaware, mediante un programa de mobilidade. Tratase dunha relación exclusiva da UDC, sendo a nosa universidade a única institución pública española que oferta actualmente esta posibilidade.

O mellor lugar para cursar o mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial: a Capital Societaria de América, onde teñen a súa sede máis dun millón de empresas.

A través dun sistema de recoñecemento mutuo de créditos, este programa internacional posibilita que os estudantes matriculados no MAXE sexan ao mesmo tempo alumnos do LLM in Corporate Law & Finance (Dereito societario) de la Widener Law School, obtendo, tras estudar na Universidade da Coruña e en Wilmington (Delaware), dous títulos: o Mestrado Universtario da UDC e o LLM da Universidade norteamericana.

 O LLM in Coporate Law & Finance da Widener Law School ten sido considerado na última década un dos dous mellores mestrados na especialidade de Dereito de sociedades dos EE.UU. 

Na Widener Law School está a sede do Delaware Journal of Corporate Law (considerada a segunda mellor revista especializada en Dereito mercantil dos EEUU entre 2006 e 2013, só por detrás do Yale Journal on Regulation), xestionada, en parte, por estudantes procedentes do mestrado.

Segundo o Convenio asinado por ambas institucións, o primeiro semestre do mestrado os estudantes ficarían na UDC estudando a lexislación básica que debe manexar o asesor xurídico de empresa, e realizarían en Widener University o segundo semestre de especialización no Dereito de sociedades.

Os estudantes da UDC poden acollerse aos programas de mobilidade nas condicións xerais establecidas para os intercambios bilaterais. Na Widener University poderán beneficiarse das condicións económicas especiais previstas no Convenio coa UDC.

Os interesados en facer o dobre mestrado deben contactar coa Vicedecana de Relacións Internacionais (vicedecana.derecho@udc.es), o mais tardar no mes de setembro do ano que comenzan o MAXE.

Os alumnos contan a súa experiencia!