
O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois (SICUE) é un programa de mobilidade para alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española coa que teña convenio a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
Dende hai varios anos este programa de intercambio non da dereito a ninguna axuda económica, xa que as bolsas SÉNECA foron suprimidas, polo que os estudantes deberán costear a estadía polos seus propios medios ou buscando outras fontes de financiación.
O programa SICUE, xestionado pola Vicerreitoría de Estudantes, convócase anualmente –normalmente, no mes de febreiro- para quen desexe acceder ao programa de intercambio no seguinte curso académico.
As universidades con que se estableceu convenio son as seguintes
Para a titulación de Dereito:
Almería (1 praza), Autónoma de Madrid (1 praza), Burgos (1 praza), Complutense de Madrid (2 prazas), Granada (2 prazas), Jaume I de Castellón (2 prazas), León (2 prazas), Lleida (2 prazas), Málaga (2 prazas), Oviedo (2 prazas), Salamanca (2 prazas), Sevilla (2 prazas), Valencia (2 prazas) e Valladolid (2 prazas).
Para o programa de simultaneidade do grado en ADE + Dereito:
Alicante (2 prazas), Jaén (2 prazas), Las Palmas de Gran Canaria (2 prazas), Pablo Olavide (2 prazas), e Complutense de Madrid (2 prazas).
Os requisitos para acceder a este programa son os seguintes
- Estar matriculado na Facultade de Dereito como mínimo de 45 créditos
- Ter superado polo menos 45 créditos
A duración do intercambio é un curso completo (9 meses).
A selección dos candidatos faise por unha Comisión de Valoración atendendo á nota media de cualificación, calculada segundo os criterios expresados na convocatoria SICUE que se publica anualmente.
A profesora Marta Cernadas Lázare (Área de Dereito Pocesual, ext. 1626) é a coordinadora SICUE na Facultade de Dereito.
O seu correo electrónico é: marta.cernadas.lazare@udc.es
Toda a información relativa a convocatorias anteriores, modelos e formularios, prazos, así como a información actualizada das novas convocatorias e da súa resolución, provisional e definitiva, pode ser consultada na web da UDC, no apartado de Estudantado > programas de intercambio > SICUE. Accesible directamente no seguinte enlace: