Plan de Acción Titorial


O Plan de Acción Titorial é unha oferta formativa da UDC, complementaria á realizada na docencia das materias e que integra un tipo diferente de actuacións. A súa finalidade é darlles cobertura ás necesidades do alumnado, que se corresponden con distintos momentos da súa estadía na Universidade, como as seguintes:

  • Escaso coñecemento da Universidade como institución (servizos e recursos, normativa, canles de participación, etc.).
  • Falta de información sobre as características dos estudos.
  • Toma de decisións sobre as materias en que se van matricular
  • Dificultades para responder ás esixencias académicas (falta de coñecementos previos, falta de dominio de estratexias específicas de aprendizaxe…).
  • Baixo rendemento (fracaso, abandono, prolongación dos estudos…).
  • Escasa participación.
  • Descoñecemento das opcións de especialización profesional e de formación ao finalizar os estudos.
  • Descoñecemento do mercado profesional e dos procedementos para acceder a este, acompañado dun sentimento de falta de control sobre o proceso de inserción laboral.

O PAT está dirixido tanto a estudantes de 1º e 2º de Grao e Doble Grao como aos do Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE). Cada alumno terá asignado un Profesor Titor, que en todo caso impartirá docencia na titulación na que o alumno estea matriculado.

O alumno reunirase co titor ao comezo do curso. As seguintes reunións terán lugar cando o titor e o alumno consideren conveniente. Como regra xeral, na práctica estase a ter unha reunión cada trimestre, sen prexuízo de que poidan ser mais frecuentes si o alumno ou o titor o consideran adecuado.

A coordinadora do PAT na Facultade, que actualmente é a Prof. Inmaculada García Presas, resolverá cantas dúbidas ou problemas poidan xurdir no desenvolvemento das titorías. Así mesmo, integrará as directrices que o coordinador xeral do PAT da Universidade entenda que son necesarias para o mellor funcionamento das titorías.