Calidade


A Facultade de Dereito, consciente de que no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) a calidade é un factor fundamental para que os empregadores e a sociedade podan valorar as competencias dos nosos titulados, vén de implantar un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) propio artellado sobre a base de 9 criterios de calidade e 46 directrices, que se enmarca no sistema da UDC de acordo co modelo das axencias de calidade estatal (ANECA) e autonómica (ACSUG).

A través da garantía de calidade compártense valores e boas prácticas no marco EEES e cúmprense os obxectivos de transparencia, mobilidade e competitividade. Como se recolle no Manual do Sistema de Garantía Calidade do Centro (MSGCC), actualizado por acordo da Comisión de Garantía de Calidade en reunión celebrada o 20 de decembro de 2018, o noso centro aposta por un SGIC que contempla a planificación da oferta normativa, a avaliación e a revisión do seu desenvolvemento, e a toma de decisións para o avance continuo da formación.

En definitiva, o SGIC, en tanto reforzo da garantía de calidade e mellora continua de todas as titulacións, facilita o proceso de acreditación das mesmas e coloca á Facultade de Dereito da UDC nunha situación favorable respecto das Facultades da nosa contorna.

Axencias de Evaluación