Alumnos UDC


Información para estudantes da facultade de dereito-udc que queiran solicitar unha mobilidade internacional

Que debo facer se estou a pensar en realizar unha mobilidade internacional?

En primeiro lugar debes ler con detemento a normativa da UDC sobre intercambios. Tamén é útil ler a última convocatoria (ou a actual se está vixente), do programa correspondente, porque os requisitos e procedementos non adoitan variar moito dun ano a outro. Atoparás toda esta información na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

Que requisitos debo cumprir para realizar unha mobilidade?

Depende do programa e do país de destino.  Nas convocatorias respectivas especifícase o número de créditos que deben cursarse antes de solicitar a mobilidade, o número de créditos mínimo que deberá realizarse en destino e o nivel de idioma esixido.

Que nivel de idioma necesito?

Na convocatoria especifícase o nivel esixido para o país de destino. Nesta ligazón atoparás toda a información sobre este requisito. Lembra que o certificado do nivel lingüístico debes telo no momento de solicitar a mobilidade, non de iniciala. Esíxese xustificación de nivel de idioma para todos os países, excepto para os de fala hispana.
Si cursas no país de destino asignaturas nun idioma distinto aos esixidos para conceder a mobilidade, ao concluíla debse aportar un certificado do idioma nivel B1 para que poidan trascribirse as notas das asignaturas realizadas nesa lingua.

Quen me pode dar máis información sobre a solicitude da mobilidade?

A Oficina de Relacións Internacionais, situada na casa do Lagar, do Campus de Elviña, encárgase de informar sobre os procedementos de mobilidade, documentos que debes presentar, prazos, etc. Cada ano, antes de que se publique a convocatoria, realízanse sesións informativas en cada campus. É moi conveniente asistir a esa sesión; alí poderás preguntar todas as túas dúbidas aos responsables da ORI.

Unha vez concedida a mobilidade, quen me orienta sobre o contrato de estudos?

Para calquera dúbida, e en todo caso para comprobar que o teu contrato de estudos é correcto, debes dirixirte ao profesor titor que se encarga das Universidades do país de destino que elixises. Un pouco máis abaixo tes un despregable co nome e correo electrónico dos titores por países. No caso de que queiras modificar o teu contrato de estudos -dentro sempre do prazo establecido- debes contar tamén co visto e prace do titor.

Nesta Facultade é obrigatorio cubrir, ademais, un impreso onde conste de modo claro e indubitado a equivalencia de materias na UDC e en destino; podes atopalo nesta ligazón ou premendo o botón de abaixo. Unha vez cubertos todos os documentos debes entregar unha copia na secretaría da Facultade.

Titores académicos de intercambio por Universidades de destino

José Antonio Ramos (Italia)

jramosv@udc.es; ext.1603

Gabriela Oanta (Rumanía, Francia, Bélgica, Portugal)

goanta@udc.es; ext.1601

Artak Mkrtichyan (Armenia, Georgia, Azerbayan, Ucrania)

artak@udc.es, ext. 1597

Marcos López Suárez (Otros países europeos)

mlopezs@udc.es; ext. 1544

Eva Souto (Iberoamérica)

esoutog@udc.es; ext. 1602

Podo modificar o meu contrato de estudos unha vez que xa estea no meu destino?

Si, pero unha soa vez e dentro do prazo establecido. Debes contar co visto bo do titor de aquí. Unha vez obtido, debes enviar o documento de modificación á Vicedecana de Relacións internacionais, xa asinado polo coordinador da Universidade de destino. Tamén debes enviar á Administración a táboa de equivalencias modificada e asinada polo titor.

Que materias podo cursar na Universidade de destino?

As que figuran na táboa de equivalencias. Ao cubrir o contrato de estudos, no recuadro que hai baixo o título If the student does not complete successfully some educational components, the following provisions will apply, da Section to be completed before the mobility, debes copiar ese mesma ligazón. As materias na Universidade de destino poden cambiar, sobre todo nos casos en que se ofertan programas nun idioma distinto do nativo. Debes consultar sempre a información da Universidade de destino sobre as materias ofertadas cada curso académico.

Cando na táboa de equivalencias aparecen varias materias na Universidade de destino por unha da UDC, cal debo facer?

Se hai varias materias da Universidade de destino que se consideran equivalentes a unha da UDC podes elixir calquera delas. Se aparece o signo [+] entre dúas materias, debes cursar as dúas materias indicadas para obter a equivalencia. Se aparece unha soa materia seguida do signo [+], debes cursar esa materia e outra que elixas que teña un número de créditos suficiente para que entre as dúas somen polo menos 6 créditos ECTS.

E se non hai táboa de equivalencias, ou quero que se incorporen outras materias?

Neses casos podes presentar unha proposta das materias que queres cursar en destino e a súa equivalencia. As propostas deben reunir dous requisitos: o número de créditos ECTS que se curse en destino ha de ser polo menos 6 por cada materia obrigatoria da UDC e debe haber unha similitude de contidos. A proposta, acompañada do programa da materia, entregarase ao titor, quen se encargará de presentala á comisión de docencia.

Por que non aparecen na táboa as materias optativas? Non podo facelas en mobilidade?

Si, todas as materias optativas podes cursalas na Universidade de destino, pero non se esixe equivalencia de contido; podes facer calquera materia de contido xurídico -excluíndo idiomas-. Só hai unha excepción: non se considerará equivalente ás prácticas externas unha materia cursada na Universidade de destino.

Ademais, existe unha particularidade en canto ao número de créditos; podes cursar optativas que teñan distinto número de créditos que as materias da UDC, sempre que o número de créditos que curses en destino sexa igual ao total das materias optativas equivalentes. Con todo, unha soa materia en destino non poderá equivaler a dous ou máis optativas da UDC. A equivalencia de notas das optativas, cando estas teñan distinto número de créditos que as materias de destino, farase conforme ao seguinte criterio: as notas máis altas aplicaranse ás materias de 6 créditos -se o numero de créditos en destino é polo menos 6 ECTS por materia-, e as restantes terán a nota media das demais materias.

Podo facer o TFG en mobilidade?

O TFG debes defendelo obrigatoriamente na UDC; con todo, se realizas a mobilidade no cuadrimestre en que che corresponda preparalo, poderás elaborar o traballo mediante tutorización virtual, seguindo as indicacións do teu titor; a defensa será en todo caso na UDC.

Cando estarán as miñas notas no expediente?

A transcrición das notas realizarase unha vez que se reciba o documento oficial da Universidade de destino coas cualificacións. Non se transcribirá ningunha nota a partir de documentos privados asinados por profesores. A equivalencia de notas farase segundo as táboas aprobadas pola Xunta de Facultade.

Son alumno de simultaneidade de grao, onde debo pedir a mobilidade?

Podes optar por facer o intercambio nun centro ou noutro, aínda que poderás cursar materias das dúas titulacións por un número de créditos igual ao que podes realizar na UDC no período correspondente. Se o solicitas en Dereito, debes cursar polo menos a metade das materias correspondentes ao grao en Dereito. Non esquezas indicar que eres estudante do dobre grao

Quen é o responsable de mobilidade na Facultade de Dereito?

A responsable de asinar o contrato de estudos e a súa eventual modificación é a Vicedecana de Relacións Internacionais, Carmen Garcimartín. O seu horario de atención aos alumnos é de 12:00h a 14:00h no decanato. Se queres pide cita por correo electrónico: vicedecana.derecho@udc.es. Non deixes a firma dos documentos para o último día: ten en conta que pode estar ausente, ou que haxa algún outro inconveniente que impida que se asinen en prazo.

Importante: calqueira comunicación coa UDC faráse exclusivamente a través das contas de correo @udc.es. Non esquezas consultar a túa coa debida frecuencia.