Alumnos estranxeiros


Se estás a pensar estudar na Facultade de Dereito

Se es alumno dunha universidade estranxeira e queres estudar na nosa Facultade, podes facelo no marco de tres programas diferentes.

Tes toda a información na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais.

Si tes dúbidas, escribe un correo a incoming.rrii@udc.es, ou chama ao 34 981 167000 ext. 1958.

Se xa fuches admitido na Facultade de Dereito

Debes realizar as xestións necesarias antes de vir; en particular, tes que traer asinado o teu contrato de estudos. Na web da Oficina de Relacións Internacionais, explícanse todos os pasos a seguir.

Cando chegues, debes dirixirche á Oficina de Relacións Internacionais, na Casa do Lagar do Campus de Elviña. Alí, ademais de asinar o teu certificado de chegada, informaranche de todo o que debes saber en relación coa movilidad.

Debes incorporarche ás clases o día de comezo oficial do cuatrimestre. É moi importante asistir á presentación das asignaturas, porque se dan as indicacións xerais para todo o curso sobre metodoloxía, avaliación, etc. A información relativa á organización das clases (aulas, horarios, etc.) pódela atopar na páxina web.

Os alumnos de movilidad están sometidos ás mesmas normas que os alumnos da UDC. En particular, debes asistir ás clases na quenda que che corresponda segundo a inicial do teu apelido. Para cursar asignaturas nunha lingua distinta á acreditada no contrato de estudos debes xustificar polo menos o nivel B1 dese idioma.

Durante a mobilidade

Se necesitas facer algún cambio no teu contrato de estudos, ou tes calquera outra dubida relacionada coa Facultade, fala co profesor titor que se encarga dos alumnos do teu país; máis abaixo atoparás o nome e correo electrónico dos profesores titores da Facultade. Eles orientaranche sobre o procedemento para seguir, ou a quen debes acudir para solucionar os problemas que se poidan presentar.

José Antonio Ramos (Italia)

jramosv@udc.es; ext.1603

Gabriela Oanta (Rumanía, Francia, Bélgica, Portugal)

goanta@udc.es; ext.1601

Artak Mkrtichyan (Armenia, Georgia, Azerbayan, Ucrania)

artak@udc.es, ext. 1597

Marcos López Suárez (Otros países europeos)

mlopezs@udc.es; ext. 1544

Eva Souto (Iberoamérica)

esoutog@udc.es; ext. 1602