Unha ampla e variada oferta de cursos dirixidos ao estudantado da UDC (grao, mestrado e doutoramento –dependendo da temática–) e estudantado internacional.
No marco das actividades de internacionalización da UDC, na Oficina de Relacións Internacionais estamos a organizar a próxima edición da International Summer School, que consiste nunha ampla e variada oferta de cursos dirixidos ao estudantado da UDC (grao, mestrado e doutoramento dependendo da temática) e estudantado internacional.
Trátase de cursos intensivos impartidos en lingua inglesa dende o 18 ao 29 do vindeiro mes de xullo. O estudantado da UDC poderá solicitar da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación a convalidación do curso seleccionado por 4.5 ECTS. Para o estudantado da UDC o importe da matrícula destes cursos é de 50 euros ata o 15 de maio; a partir desta data a taxa de matrícula será de 100 euros: https://www.udc.es/en/
Algúns cursos coma estes poden resultar de interese:
- Contemporary Theories of International Relations and World Politics: https://www.udc.es/en/iss/
cursos-2022/contemporary- theories-of-international- relations-and-world-politics/ - Gender Equality and Non-Discrimination: https://www.udc.es/en/iss/
cursos-2022/gender-equality- and-non-discrimination/ - Human Rights in Crisis: https://www.udc.es/en/iss/
cursos-2022/human-rights-in- crisis/ - Patent Law: https://www.udc.es/en/iss/
cursos-2022/patent-law-/