Novidades
International Summer School – 18 ao 29 de xullo de 2022
Unha ampla e variada oferta de cursos dirixidos ao estudantado da UDC (grao, mestrado e doutoramento –dependendo da temática–) e estudantado internacional. No marco das actividades de internacionalización da UDC, na Oficina de Relacións Internacionais estamos a organizar a próxima edición da International Summer School, que consiste nunha ampla e variada oferta de cursos dirixidos ao […]
Relacións provisionais de admisión/exclusión no máster universitario en Dereito Dirxital e da Intelixencia Artificial -MUDDIA-, Prazo extraordinario de alumnado de fora do Espazo Europeo de Educación Superior
Preme na ligazón para ver o documento: Relación provisional galego asinada e rexistrada
Seminario: “Medically assisted dying in Switzerland and Germany” // “A axuda médica para morrer en Suíza e Alemaña”
Preme na ligazón para ver o documento: Seminario – MAD in Switzerland and Germany (29-30.3.2022)
Unha oportunidade única
Ofrecémosche a posibilidade de realizar estudos no estranxeiro.
Dereito, os alicerces da sociedade
A Universidade da Coruña aposta pola internacionalización, con intercambios en Estados Unidos e Gales. O ensino durante o grao en Dereito céntrase en casos prácticos, xerando «traballadores que sexan capaces de pensar por si mesmos e analizar a realidade».
Unha oportunidade única
Dobre Grao South Wales University, Dobre Mestrado Widener e Mestrado en Avogacía + Fordham Certificate
Dobre Grao South Wales University Dobre Mestrado Widener
Mestrado en Avogacía + Fordham Certificate
A Facultade de Dereito
Desde 1987, a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña é un centro de ensino universitario público, moderno e de calidade. A súa finalidade esencial de formación de xuristas é concibida como un servizo público prestado con obxectividade e rigor, nun marco de valores éticos xeralmente aceptados.
Na actualidade, pódense cursar no noso Centro o grao en Dereito, a Simultaneidade de estudos: grao en Dereito + grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), e o Programa de Posgrao con tres mestrados universitarios: mestrado universitario en Dereito: Estudios da Unión Europea (mestrado UE), mestrado universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE), e o mestrado universitario en Avogacía, impartido en colaboración cos Ilustres Colexios Profesionais de Avogados da Coruña e de Ferrol.
O noso persoal docente e investigador ten un elevado nivel de formación, referendado polas acreditacións recibidas das axencias de calidade autonómica (ACSUG) e estatal, polas súas publicacións e pola obtención de fondos en convocatorias públicas competitivas orientados a financiar os grupos de investigación.