Esta universidade ofrece unha posibilidade única para o estudantado. Os estudantes matriculados no Máster en Avogacía UDC + ICACOR teñen a posibilidade de realizar, de maneira simultánea, un curso sobre Common Law en Fordham Law School (Nova York). Ao finalizar o curso obterán o Diploma do English Legal Institute. A estancia en Fordham farase no marco dos programas de mobilidade internacional da UDC.
Prazas que se ofertan:
7 prazas.
Requisito para cursar o programa do English Legal Institute
Certificado de inglés B2 ou titulación equivalente.
Criterios de selección
- Expediente académico
- Entrevista persoal
Os alumnos interesados en cursar o programa do English Legal Institute de Fordham Law School deberán realizar a correspondente solicitude na secretaría da Facultade de Dereito no prazo establecido para a formalización de matricúla.


Plan de Estudos Máster en Avogacía + Diploma English Legal Institute
- Deontología y técnicas transversales
- Técnicas instrumentales
- Práctica procesal civil
- Práctica sustantiva civil
- Práctica procesal y sustantiva laboral
- Práctica administrativa
- Práctica mercantil
- Práctica tributaria
- Práctica procesal penal
- Práctica sustantiva penal
- Práctica sustantiva civil II
- Prácticas externas
- Programa del English Legal Institute, Fordham Law School
- Trabajo de Fin de Master