A Universidade da Coruña imparte este Mestrado Universitario de carácter profesionalizador dentro do Programa de Posgrao en Dereito.
A formación dos estudantes do Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) está dirixida a profundar nas materias relevantes no ámbito empresarial e no coñecemento de novos recursos, xurídicos e doutro tipo, que permitan afrontar con seguridade multitude de situacións diversas. Os contidos formativos están adaptados aos conflitos e necesidades xurídicas propias da empresa, adquirindo as habilidades necesarias para poder actuar de modo autónomo nunha contorna complexa ou descoñecida.
A estrutura do Mestrado permite aos estudantes recibir formación xurídica xeral sobre o asesoramento da empresa e a formación especializada en tres áreas de gran interese na actualidade: o Dereito inmobiliario e da construción, o Dereito urbanístico e o Dereito ambiental .
A metodoloxía docente, inspirada no sistema de créditos ECTS, céntrase esencialmente no traballo do alumno ao longo do curso académico. Por iso é polo que a presencialidade nas aulas redúcese considerablemente, favorecendo a realización doutro tipo de actividades especializadas e tutorizadas. A organización do tempo de traballo persoal polos estudantes vese favorecida pola flexibilidade dos horarios e a programación das actividades académicas.