Departamentos

Departamento de Dereito Público
O Departamento de Dereito Público creouse no ano 1990 e actualmente inclúe as áreas de coñecemento de Dereito Romano, que estuda tanto este ordenamento xurídico como a súa influencia na tradición europea posterior; Dereito Constitucional, que se ocupa tanto da norma fundamental como en xeral da organización xurídico-política do Estado, Dereito Internacional Público, cuxo ámbito de interese se centra nas relacións xurídicas na comunidade internacional, Dereito Financeiro e Tributario, ocupada na esfera da normatividade propia das finanzas públicas; Dereito Penal, cuxo labor se concentra no estudo dos diferentes aspectos do delito e das penas, e Dereito Procesual, centrada na docencia e investigación do Poder Xudicial e da actividade xurisdicional. Tamén se inclúen as áreas de Dereito Administrativo e Dereito do Traballo.
O Departamento é a entidade administrativa e orgánica encargada de regular a docencia e artellar os labores de investigación -respectando a autonomía dos grupos de investigación- destas diferentes áreas.

Departamento de Dereito Privado
O Departamento de Dereito Privado -situado no edificio da Facultade de Dereito, campus de Elviña- integra seis áreas de coñecemento: Dereito Civil, Historia do Dereito e das Institucións, Dereito internacional Privado, Dereito Mercantil, Dereito Eclesiástico do Estado e Filosofía do Dereito. O profesorado do Departamento imparte docencia en cinco centros: Facultade de Dereito, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e, finalmente, Escola Universitaria de Deseño industrial de Ferrol.
A actividade investigadora reflíctese amplamente na participación dos membros do Departamento en congresos e reunións científicas, así como en publicacións de diversa índole. Na actualidade desenvólvense diversos proxectos correspondentes aos catro grupos de investigación adscritos ao Departamento: Grupo de Investigación sobre Políticas Sociais, Dereito de Consumo e Protección do Consumidor, Colaboración, Conflito e Competencia entre Empresarios e Proxectos e Estudos de Dereito Civil -Europa, España, Galicia-.
Secretaría dos Departamentos
Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI)
Facultade de Dereito
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
981 167 000 (Ext. 1505 e 1506)
uadi@udc.es
Grupos de investigación
Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM)
Liñas de investigación
- Dereito penal económico e da empresa: parte xeral e especial
- Globalización e sistema penal: migración e sistema penal, Dereito Penal internacional, goberno da penalidade
- Xénero e Dereito penal
- Psicoloxía xurídica e protección do menor
- A reforma do proceso concursal; insolvencias punibeis
- A xustiza penal do século XXI
- Cooperación xudicial civil e penal
- Penas privativas de dereitos e multa
- Violencia e medios de comunicación
- Psicoloxía xurídica laboral
- Psicoloxía forense e pericial
- Psicoloxía penitenciaria
Dereito do Traballo e Seguridade Social, Español e Comparado (DTSSECOMP)
Liñas de investigación
- Dereito individual do traballo
- Dereito sindical
- Dereito procesual laboral
- Dereito da Seguridade Social
- Dereito comparado do traballo e da Seguridade Social
Empresa, Consumo e Dereito (ECD)
Liñas de investigación
- Contratación de produtos bancarios e financeiros
- Colaboración, conflito e competencia entre empresarios
- Dereito concursal e sobreendebedamento de consumidores
- Dereito de seguros
- Dereito de sociedades
- Dereito de danos e responsabilidade civil extracontractual
- Dereito civil propio de Galicia
- Dereito marítimo
- Dereito inmobiliario e da construción
Filosofía, Constitución e Racionalidade
Liñas de investigación
- Crise da razón xurídica
- Transformación dos sistemas xurídicos
- Teoría da interpretación, aplicación e argumentación xurídicas
- Dereitos fundamentais
- Bioética e dereito
- Ética, Dereito e discapacidade
- Xustiza transicional
Protección Xurídica da Persoa e da Familia (PEF)
Liñas de investigación
- Autonomía da vontade na persoa e na familia
- Tutela patrimonial e xurisdicional da persoa e da familia.
- Políticas públicas de protección familiar
- Relacións paterno-filiais
Dereito Público Global (Observatorio do Litoral)
Liñas de investigación
- Gobernanza e Dereito Administrativo
- Contratación Pública
- Dereito Público e sostenibilidade ambiental
- Ordenación xurídica e xestión administrativa dos espazos marinos e costeiros
- Procedemento e proceso contencioso administrativo
- Libertades económicas e medio ambiente