Dobre Grao Dereito-UDC + University of South Wales
En que consiste o dobre grao previsto no Convenio con University of South Wales (USW)?
Este programa permite aos estudantes obter dous títulos de grao (Dereito UDC + Law USW) nun período de catro anos, mediante un recoñecemento mutuo de créditos. Os alumnos cursan os tres primeiros anos do grao en Dereito na UDC e cuarto en USW.
Que requisitos esíxense?
Superar 120 ECTS no momento da solicitude da mobilidade e 180 ECTS ao iniciar o curso en USW.
Ao solicitar a mobilidade hai que xustificar o nivel B2 de inglés, e antes de incorporarse a USW o C1. Están exentos deste requisito os alumnos que cursen a titulación bilingüe na Facultade de Dereito da UDC.
Como e cando se solicita o intercambio?
É necesario solicitar a mobilidade bilateral na convocatoria xeral da UDC. Os estudantes que non obteñan bolsa poderán optar por realizar o dobre grao sen a axuda económica destes programas.
Hai que facer algún trámite en USW?
Os estudantes admitidos no dobre grao deberán matricularse tamén en USW.
Para coñecer con detalle os trámites, deben contactar, antes de finalizar o mes de marzo, coa Vicedecana de Relacións Internacionais (vicedecana.derecho@udc.es), que lles informará do procedemento para seguir unha vez obtida a praza de mobilidade.
Que materias cúrsanse en USW?
As materias que se cursan en USW son estas: modules USW
O TFG defenderase na UDC ao finalizar a estancia en USW. Se fose necesario, habilitaranse prazos específicos para a defensa. Os alumnos do dobre grao poderán optar por realizar e defender o TFG en inglés, galego ou castelán.
Onde podo atopar máis información sobre USW?
Visita a súa páxina web para estar ao día de todo o que che interese sobre USW: http://www.southwales.ac.uk