Alumnos estranxeiros


Se estás a pensar estudar na Facultade de Dereito

Se es alumno dunha universidade estranxeira e queres estudar na nosa Facultade, podes facelo no marco de tres programas diferentes:

Se xa fuches admitido na Facultade de Dereito

Debes realizar as xestións necesarias antes de vir; en particular, tes que traer asinado o teu contrato de estudos. Na web da Oficina de Relacións Internacionais, explícanse todos os pasos a seguir.

Cando chegues, deberaste dirixir á Oficina de Relacións Internacionais, na Casa do Lagar do Campus de Elviña. Alí, ademais de asinar o teu certificado de chegada, informarante de todo o que debes saber en relación coa mobilidade.

Debes incorporarte ás clases o día de comezo oficial do cuadrimestre. É moi importante asistir á presentación das materias, porque danse as indicacións xerais para todo o curso sobre metodoloxía, avaliación, etc. A información relativa á organización das clases (aulas, horarios, etc.) pódela atopar na páxina web.

Durante a mobilidade

Se necesitas facer algún cambio no teu contrato de estudos, ou tes calquera outra dubida relacionada coa Facultade, fala co profesor titor que se encarga dos alumnos do teu país; máis abaixo atoparás o nome e correo electrónico dos profesores titores da Facultade. Eles orientaranche sobre o procedemento para seguir, ou a quen debes acudir para solucionar os problemas que se poidan presentar.

Joaquín Vara (Italia)

jjvara@udc.es; ext.1536

Gabriela Oanta (Rumanía, Francia, Bélgica, Portugal)

goanta@udc.es; ext.1601

Artak Mkrtichyan (Armenia, Georgia, Azerbayan, Ucrania)

artak@udc.es, ext. 1597

Marcos López Suárez (Otros países europeos)

mlopezs@udc.es; ext. 1544

Eva Souto (Iberoamérica)

esoutog@udc.es; ext. 1602