Baixo o nome de compliance ou cumprimento legal, nos últimos anos configuráronse unha serie de prácticas, mecanismos e procedementos que converxeron na necesidade de que as empresas adopten uns sistemas de control e prevención tendentes a minimizar os riscos de sancións, perdas patrimoniais ou de reputación e, en última instancia, ata conxurar a posible responsabilidade penal das mesmas.
Xunto ao cumprimento legal, o adecuado tratamento dos datos persoais preséntase como un dos principais desafíos actuais para empresas e administracións públicas.
O Curso de Especialización en Cumprimento Legal e Privacidade ofrece unha sólida formación en ambos aspectos, conformándose así como unha oportunidade formativa de singular interese para empresas, Administracións e profesionais interesados en adquirir unha formación especializada e de calidade nestas materias.
O profesorado do curso combina a presenza de especialistas académicos con profesionais do Dereito e de empresas do eido tecnolóxico, garantindo unha perspectiva completa, teórica e práctica, das importantes cuestións que aborda este curso.
INFORMACIÓN:
- Datas de impartición: Do 20 de setembro de 2018 ao 21 de decembro de 2018
- Lugar: Aulas primeira planta da facultade de Dereito da UDC
- Créditos:25
- Modalidade: presencial
- Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo fin de curso.
- Número de alumnos: mínino 15; máximo 30
- Preinscrición: Do 30 de xullo ao 7 de setembro de 2018
- Matrícula: Do 12 de setembro ao 17 de setembro de 2018
- Horarios: Xoves e venres de 15:45 a 21:00 horas