Curso de especialización en Cumprimento Legal e Privacidade


Baixo o nome de compliance ou cumprimento legal, nos últimos anos configuráronse unha serie de prácticas, mecanismos e procedementos que converxeron na necesidade de que as empresas adopten uns sistemas de control e prevención tendentes a minimizar os riscos de sancións, perdas patrimoniais ou de reputación e, en última instancia, ata conxurar a posible responsabilidade penal das mesmas.

Xunto ao cumprimento legal, o adecuado tratamento dos datos persoais preséntase como un dos principais desafíos actuais para empresas e administracións públicas.

O Curso de Especialización en Cumprimento Legal e Privacidade ofrece unha sólida formación en ambos aspectos, conformándose así como unha oportunidade formativa de singular interese para empresas, Administracións e profesionais interesados en adquirir unha formación especializada e de calidade nestas materias.

O profesorado do curso combina a presenza de especialistas académicos con profesionais do Dereito e de empresas do eido tecnolóxico, garantindo unha perspectiva completa, teórica e práctica, das importantes cuestións que aborda este curso.

INFORMACIÓN:

  • Datas de impartición: Do 20 de setembro de 2018 ao 21 de decembro de 2018
  • Lugar: Aulas primeira planta da facultade de Dereito da UDC
  • Créditos:25
  • Modalidade: presencial
  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo fin de curso.
  • Número de alumnos: mínino 15; máximo 30
  • Preinscrición: Do 30 de xullo ao 7 de setembro de 2018
  • Matrícula: Do 12 de setembro ao 17 de setembro de 2018
  • Horarios: Xoves e venres de 15:45 a 21:00 horas
Máis información e inscrición