Prazo extraordinario para solicitar cambio de quenda para 4º curso do Grado de Dereito do 2º cuatrimestre.


ÁBRESE UN PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR O CAMBIO DE QUENDA, ÚNICAMENTE, DAS MATERIAS DE 4º CURSO DE GRAO EN DEREITO, 2º CUATRIMESTRE.

Tendo en conta que os grupos reducidos das asignaturas de 4º Curso do Grao en Dereito se publicaron despois do prazo oficial para solicitar o cambio de quenda, ábrese un novo prazo extraordinario para os alumnos afectados, que abrangue dende o 3 e o 8 de febreiro.

Os cambios de quenda serán autorizados cos mesmos criterios que se aplicaron no prazo ordinario. Polo tanto, só se autorizarán os que poidan xustificarse por incompatibilidade horaria con outras materias do grao, e os que se soliciten por permuta.

Convocatoria mobilidade nacional SICUE curso 2022-2023


Na ligazón da páxina web da ORI podedes consultar o texto da convocatoria. Aí iranse incorporando todos os documentos relativos á mobilidade SICUE: oferta de prazas (provisional nestes momentos), portal de solicitude, entre outros.

O prazo de solicitude estará aberto dende o 11 ao 25 de febreiro de 2022.
Para calquera dúbida contactade cos correos ou teléfonos seguintes: sicue@udc.es (ext. 1953), sicue.sainte@udc.gal (ext. 1960 e 1959) ou riferrol@udc.es (ext. 3634) .https://www.udc.es/gl/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade-nacional-sicue/