Anuario de la Facultad


El Anuario de la Facultad de Derecho de la Universidad de A Coruña es una vía de comunicación institucional con la comunidad científica y el conjunto de profesionales que desarrollan su labor en el ámbito jurídico.

La revista científica de la Facultad de Derecho surge en 1997 con una vocación interdisciplinaria y procura recoger y compartir los aportes doctrinales de los investigadores nacionales y extranjeros con la comunidad científica en la esfera jurídica. En este sentido, el Anuario está abierto a todas las áreas de conocimiento, siendo que se tienen publicados trabajos de la más variada naturaleza. Así mismo, en el entendimiento de que el Derecho tiene no solo una vertiente teórica, sino también una práctica, en el Anuario se dedica una sección a Comentarios de Jurisprudencia, en la que participan expertos de los diferentes ámbitos del Derecho positivo mediante el análisis de las resoluciones dictadas por órganos jurisdiccionales, ya sean nacionales ya sean extranjeros. La actualidad científica halla su acomodo en una tercera sección bajo el Título de Recensiones, Notas y Varia. Las referencias a monografías jurídicas que aparecen en el mercado y que pueden presentar un cierto interés científico, así como los congresos, los seminarios, las jornadas, las reuniones o las conferencias impartidas constituyen su contenido.

Desde el año 2016, el Anuario se publica en versión electrónica, incrementando notablemente el impacto de sus publicaciones.

Revista indexada en Latindex; Ulrich’s Periodicals Directory; Dialnet; CINDOC-CSIC; Dulcinea; IN-RECJ;DICE; RESH; ISOC (Clasificación CIRC 2012: Grupo B. CARHUS+ 2014 : Grupo B).

Órganos de Dirección

Director

Alberto Arufe Varela

Catedrático de Derecho del Trabajo y Seguridad Social de la UDC

Secretaria

Noelia Collado Rodríguez

Profesora contratada doctora de Derecho Civil de la UDC

Normas de Publicación

Temas de interese

O Anuario publica traballos científicos sobre Dereito de investigadores de calquera centro de investigación nacional ou estranxeiro e de profesionais de recoñecido prestixio.

Traballos orixinais e de carácter preferentemente inédito

Darase prioridade ós traballos orixinais e inéditos. Os traballos xa publicados poderán incluírse no Anuario cando o número de colaboracións o xustifique e cando a Comisión de Selección o estime oportuno pola calidade ou o interese das aportacións.

Envío de orixinais

Os traballos enviaranse por correo electrónico a anuario.dereito@udc.es antes do 30 de xuño de cada ano.

Características xerais dos traballos publicables

O Anuario publica traballos científicos inéditos sobre Dereito de investigadores de calquera centro de investigación nacional ou estranxeiro e de profesionais de recoñecido prestixio.

Excepcionalmente, poderán ser admitidos traballos xa publicados noutras sedes científicas en atención á calidade ou o interese das achegas, ao prestixio dos seus autores ou á importancia da sede en que foron anteriormente publicados. En ningún caso o número de achegas non orixinais superará o 20% do número total de traballos seleccionados.

Os traballos poderán presentarse en lingua castelá ou galega (de acordo coa lexislación autonómica vixente en materia de normalización lingüística). Tamén poden ser admitidos traballos en inglés.

A extensión máxima fixada para os traballos en cada unha das seccións é a seguinte:

  • Artigos doutrinais: 30 páxinas.
  • Comentarios de xurisprudencia: 15 páxinas.
  • Recensións: 10 páxinas.

Excepcionalmente, en atención ao posible interese e calidade do contido do traballo achegado, poderán admitirse traballos que excedan dos límites de extensión máxima antes sinalados.
Os traballos recibidos serán incluídos nas seccións do Anuario de acordo co seu contido.

Normas de edición

  • Os orixinais deberán ser escritos a espazo simple, en letra Times New Roman, tamaño 12 en texto e 10 nas notas a pé de páxina.
  • O título da colaboración escribirase ao principio desta, en letra redonda e negra.Debaixo deste, no lado dereito, figurará, tamén en letra redonda, o nome e apelidos do autor, a súa condición académica e a Universidade á que pertence.
  • No caso de artigos doutrinais e notas de xurisprudenza, deberá engadirse un breve resumo (extensión máxima de dez liñas) do contido do traballo, na lingua escollida para realizar o traballo e noutra lingua das autorizadas para publicar no Anuario. Ademais, incluirase unha relación de palabras clave (entre cinco e dez) indicativas do contido do traballo, nos dous mesmos idiomas utilizados para o resumo.
  • Cando o traballo non sexa inédito, deberá indicarse esta circunstancia na primeira nota ao pé, sinalándose a sede na que foi publicado (título da colección ou da obra, ISBN ou ISSN, ano, número e páxinas).
  • Ao comezo do texto figurará un “Sumario”, no que se reflectirán os diversos epígrafes, ata un máximo de tres niveis por epígrafe, presentados de acordo coas instrucións que se sinalan a continuación.
  • Cando o traballo divídase en distintos epígrafes, os primeiros presentaranse en letra capital, con numeración romana e en grosa, indicando a continuación dun punto e seguido o título destes en letra maiúscula, redonda e negra. Non se utilizará punto ao final dos epígrafes.
  • As divisións dos epígrafes indicaranse con numeración arábica, tamén en grosa, seguida dun punto. Dentro destas, as novas divisións faranse, sucesivamente e sen grosa, con letras redondas seguidas de punto (A., B., etc.), letras minúsculas seguidas de paréntese [a), b), etc.] e letras minúsculas seguidas de punto e número arábico seguido de paréntese [a.1), a.2), etc.].
  • As notas faranse sempre a pé de páxina.
  • Ao final do traballo de incluirse necesariamente un apartado de bibliografía, que levará este mesmo título, en letra redonda e negra.
  • As citas realizaranse conforme aos seguintes criterios:
    • 1ª CITA
      *De monografía:
      CASTRO Y BRAVO, F., El negocio jurídico, Madrid, 1971, pp. 76 y ss.
      *De artículo de revista:
      CASTRO Y BRAVO, F.,“Naturaleza de las reglas para la interpretación de la ley”, Anuario de Derecho Civil, nº30, 1977, pp. 809-858.*De obra colectiva:
      VV. AA., Comentarios al Código Civil (Bercovitz Rodríguez-Cano, Coord.), 4ª ed., Cizur Menor, 2013, pp. 43 y ss.
      *Capítulo de una obra colectiva:
      BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, “Comentario al art. 1”, en VV. AA., Comentarios al Código Civil (Bercovitz Rodríguez-Cano, Coord.), 4ª ed., Cizur Menor, 2013, pp. 43 y ss.
    • 2ª (y ulterior) CITA
      *De monografía:
      CASTRO Y BRAVO, F., El negocio jurídico, cit., p. 76.
      *De artículo de revista:
      CASTRO Y BRAVO, F.,“Naturaleza de las reglas…”, cit., pp. 816 y ss.
      *De obra colectiva:
      VV. AA., Comentarios al Código Civil, cit., pp. 43 y ss.
      *Capítulo de una obra colectiva:
      BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, “Comentario al art. 1”, cit., pp. 43 y ss.
    • No caso de citas de publicacións ou artigos recollidos en soporte electrónico, seguiranse os mesmos criterios establecidos para as editadas en soporte papel, facendo constar ademais a correspondente páxina web ou dirección URL en que se contivesen.

Procedemento de avaliación por pares

O Consello de Redacción someterá os traballos recibidos á avaliación de expertos e decidirá sobre a súa publicación. Os traballos serán avaliados por pares cegos.

As decisións serán comunicadas aos autores por correo electrónico. En caso de rexeitarse a publicación deberán indicarse os motivos esgrimidos polos avaliadores. En caso de que o traballo sexa aceptado con modificacións, concederáselle ao autor un prazo non inferior a quince días para a súa corrección.

As datas de envío e de aceptación de cada un dos traballos aparecerán nun lugar visible da publicación.

Se os traballos aceptados para a súa publicación non cumpren as condicións de edición expostas no apartado 2, devolveranse aos seus autores, concedéndolles un prazo non inferior a dez días para facer as correspondentes modificacións formais. Se un autor non devolve en prazo o traballo debidamente corrixido, entenderase que renuncia a publicalo no Anuario.

O feito de publicar no Anuario non impide que o autor proceda a posteriores publicacións noutros medios, sempre e cando faga constar a súa previa aparición nesta revista.

O Anuario non se identifica necesariamente co contido das opinións expresadas polos autores nos traballos que nel se encontran publicados, responsabilizándose aqueles, exclusivamente e para todos os efectos, deste.

Sumarios

Desde o número 20 a revista é electrónica. Podes acceder aquí.

Os números anteriores poden consultarse en formato .PDF: