Simultaneidade de Estudos Universitarios

O alumnado universitario que desexe iniciar outros estudos deste mesmo nivel educativo nesta ou en diferente universidade, simultaneándoos cos que realiza no centro en que figure o seu expediente académico deberá proceder como segue:

  • No suposto de simultaneidade de estudos nun centro da mesma universidade, o alumno deberá solicitalo ao reitor, quen poderá delegar a resolución no decano ou no director do centro en que pretenda incorporarse.
  • no suposto de simultaneidade de estudos en centros de diferente universidade, no prazo e na forma establecida para solicitar o traslado do expediente académico, o alumnado deberá solicitar o traslado e expoñer que o seu motivo é a simultaneidade de estudos, de forma que a aceptación do traslado para esta finalidade implicará a autorización para realizar a simultaneidade.

Para que as reitorías poidan informar e resolver favorablemente estes pedimentos é unha condición indispensable que o alumnado teña completamente superado o primeiro curso dos estudos que xa iniciou.