Alumnado SICUE

Alumnado SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois)

Por medio deste sistema de intercambio o estudantado de universidades españolas pode realizar unha parte dos seus estudos noutra universidade española diferente da súa con garantía de recoñecemento e de aproveitamento.

Para poder participar neste programa de intercambio o alumnado terá que ter superado na súa universidade:

Se se trata de planos de estudo non renovados: como mínimo, un curso e medio, caso de licenciaturas e de estar matriculado, polo menos, na metade das materias do equivalente a un curso académico.

En ningún caso se poden incluír no acordo académico materias cualificadas con anterioridade con suspenso no centro de orixe. Si se poden incluír materias coa cualificación de  "Non presentado".

A estadía na universidade de destino terá unha duración de 3, 4, 6 ou 9 meses.

Universidades españolas en que se pode solicitar:

Oviedo; Xaén, Córdoba, Lleida, Málaga, Santiago, Salamanca, Barcelona, León, Burgos, Almería, Autónoma de Madrid, Granada, Sevilla, Complutense de Madrid, Cádiz e Jaume I en Castellón.