Alumnado Erasmus

¿Cantas materias pode cursar no centro de destino un alumno ERASMUS?

A cantidade máxima de créditos que o alumnado da Facultade de Dereito da UDC pode cursar no centro de destino será a que, para os efectos de recoñecemento, equivalla a seis materias do plano de estudos. Caso de prazas de intercambio de duración cuadrimestral, este límite estará fixado en catro materias. Os límites que se refiren só se poderán incrementar nunha materia máis, caso de ser ese o número de materias que lle resta ao alumno para concluír os seus estudos.

O alumnado Erasmus non poderá cursar nin se examinar na Facultade de Dereito da UDC das materias que se inclúen no seu contrato de estudos ou no acordo académico durante as convocatorias de decembro ou de xuño.

Cando un alumno Erasmus modifique o seu contrato ou o seu acordo académico no centro de destino, dentro dos prazos que se establecen, ten que solicitalo ao seu coordinador quen será competente para autorizalo. Estas modificacións teñen que ser comunicadas á administración do centro. O coordinador, antes de autorizalas, deberá poñerse en contacto coa administración para comprobar que o alumno estea matriculado nas materias que solicita, xa que, caso de non ser así, non se lle pode autorizar a modificación.

Para que as materias que curse o alumnado no centro de destino sexan recoñecidas teñen que cumprir os seguintes requisitos:

  • Que a/s materia/s consten no seu contrato de estudos aprobado.
  • Que o estudante estea matriculado delas no curso académico de realización do intercambio.
  • Que a materia fose superada no centro de destino e así se acredite mediante certificación válida. Esta certificación deberá presentarse na administración da Facultade de Dereito da UDC antes do 1 de xullo do ano académico de referencia, para os efectos de que se reflicta nas actas que corresponder.

Non é posible o recoñecemento académico de materias que se superen no centro de destino que non constasen no referido contrato académico ou das que non estivese matriculado o alumno. Tampouco é posible recoñecer unha materia do plano de estudos en atención á superación no centro de destino doutra que só parcialmente equivale á que se desexa recoñecer.

O alumnado que desexe concorrer á convocatoria de setembro no centro de destino, deberá comunicalo por escrito á administración da Facultade de Dereito da UDC para que esta proceda á gravación de actas para dúas convocatorias.

Universidades europeas para as que se pode solicitar o intercambio:

UNIVERSIDADE

PAÍS

Vrije en Bruselas

Bélxica

Coimbra

Portugal

Porto

Portugal

Católica de Lovaina La Neuve

Belgica

Bretagne Occidentale

Francia

París XIII (París Nord)

Francia

De Pau e de Pays de l Adour(UPPA) Dereito Comunitario

Francia

Zü KÓln

Alemaña

Boloña

Italia

Catania

Italia

Xénova

Italia

Milán

Italia

Módena e Reggio Emilia

Italia

Padua

Italia

Palermo

Italia

Pavia

Italia

Perugia

Italia

Mediterránea de Reggio Calabria

Italia

Téramo

Italia

Para máis información consulta a normativa que se aprobou na nosa Facultade ao respecto