Aulas, espazos docentes e recursos técnicos

 

A Facultade de Dereito conta con todos os recursos técnicos para garantir unha docencia de calidade. A tecnoloxía multimedia posta ao servizo docente conta con material portátil (ordenadores, videoproxectores, retroproxectores, vídeo VHS) e fixo instalado en todas as aulas, que dispoñen de PC e videoproxector.

aulas1As aulas existentes cobren todas as necesidades, posto que as hai de alta capacidade (en torno a 250 postos), de capacidade media (120) e pequenas (50), situadas no primeiro e no segundo andar do edificio. No andar baixo sitúanse o salón de actos e o de graos.

O primeiro conta con máis de 300 butacas, megafonía e un sistema de tradución simultánea, deseñado para a súa utilización en grandes eventos. O salón de graos dispón de 100 asentos e posúe todos os recursos multimedia necesarios para o desenvolvemento de xornadas, de conferencias e de actos académicos.

Asimesmo, a Aula Net, situada no primeiro andar, ofrece aos alumnos da Facultade unha sala con máis de vinte equipos informáticos e a posibilidade de conexión de balde a Internet, baixo as condicións xerais de uso destas aulas.

Tamén se encontra no primeiro andar a Aula Aranzadi, que conta con varios postos informáticos onde se poden consultar todas as bases de datos da citada editorial, así como os fondos en papel desta.

biblioteca do Centro, que ocupa tres plantas do edificio, dispón de máis de 600 postos de lectura, de varios ordenadores e impresoras que se distribúen polos diferentes andares, material dirixido á consulta de catálogos de fondos e manexo de bases de datos. Na actualidade existen máis de 70.000 monografías catalogadas. Polo que se refire ao número de revistas hai subscrición aberta a preto de 500 de temática xurídica.

Por último, a Facultade conta con tecnoloxía sen fíos en todas as dependencias e espazos do centro, o que permite, logo de acreditación, a conexión a Internet sen fíos a través dun ordenador portátil.

NORMAS DE USO DA "SALA DE INVESTIGADORES/AS PREDOUTORAIS" DA FACULTADE DE DEREITO