¿Que é o C.D.E.? ¿Quen pode utilizalo?

cde1
O CDE creouse no ano 1996 mediante o convenio que asinaron a Comisión Europea e a Universidade da Coruña. Pertence á Rede de Centros de Documentación Europea que opera nos países membros da Unión e constitúe unha ligazón europea de información establecida co fin de promover e de consolidar os estudos e a investigación sobre integración europea.

O CDE recibe gratuitamente as publicacións que editan as institucións comunitarias.

A súa función é facer accesible ao conxunto da comunidade universitaria e ao público en xeral a información sobre a Unión e as súas diferentes políticas e axudar á Universidade a promover e a consolidar o ensino e a investigación sobre a integración europea. Neste sentido, o centro coopera co Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga e ofrece a súa colaboración á comunidade docente e ás asociacións de estudantes para a celebración de xornadas, de seminarios etc.