Servizo de autoemprego

A Universidade da Coruña conta cun Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Autoemprego aos Universitarios (SAEE). Este Servizo está dividido en dous: o Servizo de Orientación Laboral, que ten como función básica orientar aos estudantes sobre as saídas profesionais, e o Servizo de Autoemprego, que aconsella aos estudantes sobre as mellores vías para poñer en funcionamento un proxecto empresarial propio. No desenvolvemento da súa función, o SAEE ofrece diferentes cursos e actividades formativas aos estudantes.

Podes entrar no servizo de autoemprego da Universidade: SAEE

Pode verse a presentación do servizo na seguinte ligazón: Presentación