Programa Sicue Séneca

SICUE-SÉNECA é un sistema de mobilidade para alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española con que teña convenio a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas SÉNECA.

O programa SICUE, cuxa xestión depende da Vicerreitoría de Estudantes, convócase anualmente -sobre o mes de febreiro- para quen desexe acceder ao programa de intercambio o seguinte curso académico.

As universidades con que se estableceu convenio son as seguintes: Almería (1 praza), Autónoma de Madrid (1 praza), Barcelona (2 prazas), Burgos (1 praza), Cádiz (2 prazas), Complutense de Madrid (2 prazas), Córdoba (1 praza), Granada (2 prazas), Xaén (1 praza), León (2 prazas), Lleida (2 prazas), Málaga (2 prazas), Oviedo (2 prazas), Salamanca (2 prazas), Santiago de Compostela (2 prazas), Sevilla (2 prazas), Jaume I de Castellón (2 prazas).

Os requisitos para acceder a este programa son os seguintes:

  • Estar matriculado na Facultade de Dereito como mínimo en tres materias
  • Ter superado polo menos oito materias

A duración do intercambio é un curso completo (9 meses).

A selección dos candidatos faise atendendo a dous criterios: a nota media do expediente académico (0 - 4 puntos) e a memoria xustificativa do interese do intercambio que deben presentar (0 - 1 punto).

Quen obteña unha praza de mobilidade, poderá concorrer á convocatoria de bolsas SENECA que realiza anualmente o Ministerio de Educación e Ciencia, sobre o mes de abril.

Para concorrer a esta convocatoria son requisitos necesarios:

  • Obter unha praza de mobilidade SICUE
  • Ter unha nota media mínima no expediente de 1.5 puntos

A obtención dunha praza SICUE non garante a obtención da bolsa SÉNECA, aínda que se alcance a nota media. No entanto, quen obteña a praza de mobilidade e non a bolsa, poderá realizar a estadía polos seus propios medios.

O profesor Manuel José Vázquez Pena (Área de Dereito Mercantil, ext. 1578) é o responsable de este programa no Centro.