Presentación

A Facultade de Dereito ofrece a todos os seus estudantes a posibilidade de cursar materias das titulacións impartidas noutras universidades tanto nacionais como estranxeiras. Para iso, existen diferentes programas de mobilidade coordinados por diferentes profesores do Centro. Así mesmo, a Oficina de Relacións Internacionais da nosa universidade encárgase da organización xeral dos citados programas. Para os estudos no estranxeiro o programa con máis difusión chámase ERASMUS mais tamén existe a posibilidade de se formar fóra do noso país a través de convenios bilaterais asinados entre a UDC e universidades estranxeiras. Para a mobilidade nacional funciona o programa SICUE.

Todas estas vías abertas para a formación noutras universidades diferentes á de orixe contan con diversas axudas ou bolsas.

Normativa sobre o programa de intercambio de estudantes