Prazo solicitud quenda 2º cuatrimestre


CAMBIOS DE QUENDA(2º CUATRIMESTRE)

Por mor das medidas e normas de aforo da COVID-19 e da necesidade de manter unha configuración homoxénea dos grupos do centro, a Comisión de Docencia acordou, na sesión de data 02.09.2021, suspender a aplicación da NORMATIVA DE CAMBIO DE QUENDA DA FACULTADE DE DEREITO para o curso académico 2021/2022, coa excepción do previsto para o cambio de quenda (e de grupo reducido) por permuta (con acordo dos estudantes interesados) e por incompatibilidade horaria para os estudantes que teñan materias solapadas en cursos consecutivos. Elo sen prexuizo da aplicación do art. 6 da Normativa de dedicación ao estudo e permanencia, para os estudantes que teñan o recoñecemento de réximen de estudos a tempo parcial.

O alumnado interesado pode solicitar o cambio de quenda (e de grupo reducido) ante a Secretaría do Decanato desde o día 12 ao 24 de xaneiro, ambos incluidos.