Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (Plan general UDC) é unha oferta formativa da UDC, complementaria á realizada na docencia das materias e que integra un tipo diferente de actuacións. A súa finalidade é darlles cobertura ás necesidades do alumnado, que se corresponden con distintos momentos da súa estadía na Universidade, como as seguintes: 

 

- Escaso coñecemento da Universidade como institución (servizos e recursos, normativa, canles de participación, etc.).
- Falta de información sobre as características dos estudos.
- Toma de decisións sobre as materias en que se van matricular
- Descoñecemento do proceso de converxencia cara ao EEES.
- Dificultades para responder ás esixencias académicas (falta de coñecementos previos, falta de dominio de estratexias específicas de aprendizaxe…).
- Baixo rendemento (fracaso, abandono, prolongación dos estudos…).
- Escasa participación.
- Descoñecemento das opcións de especialización profesional e de formación ao finalizar os estudos.
- Descoñecemento do mercado profesional e dos procedementos para acceder a este, acompañado dun sentimento de falta de control sobre o proceso de inserción laboral.

O PAT está dirixido tanto a estudantes de Grao como de Mestrado (MAXE e MUE) (poner links a las páginas correspondientes). Cada alumno terá asignado un Profesor Titor, que en todo caso impartirá docencia na titulación na que o alumno estea matriculado.


O alumno reunirase co titor ao comezo do curso. As seguintes reunións terán lugar cando o titor e o alumno consideren conveniente. Como regra xeral, na práctica estase a ter unha reunión cada trimestre, sen prexuízo de que poidan ser mais frecuentes si o alumno ou o titor o consideran adecuado.

O coordinador do PAT na Facultade resolverá cantas dúbidas ou problemas poidan xurdir no desenvolvemento das titorías. Actualmente, o coordinador do PAT é o Prof. Dr. Antonio Legerén. Así mesmo, integrará as directrices que o coordinador xeral do PAT da Universidade entenda que son necesarias para o mellor funcionamento das titorías.

 

- Proxecto PAT Facultade de Dereito UDC Curso acdémico 2016-2017: Descargar PDF

- Proxecto PAT Facultade de Dereito UDC Curso acdémico 2015-2016: Descargar PDF

- Proxecto PAT Facultade de Dereito curso 2014-15: Descargar PDF

- Para o curso 2013-2014 o listado de titores é o seguinte: Descargar PDF

- Sesións informativa MAXE e Mestrado Avogacía abril 2016