Curso de Formación Específica de Postgrao: Cooperación Internacional ó Desenvolvemento e Xestión de Organizacións Non Gubernamentais (2011), 7ª edición.

Organiza:

Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga da UDC e a Fundación CIDEAL de Cooperación e Investigación en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia

Dirección:

Prof. Dr. José Manuel Sobrino Heredia. Catedrático de Dereito Internacional Público. Director do Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga. UDC. 
Dr. D. Manuel Gómez Galán. Director Xeral da Fundación CIDEAL de Cooperación e Investigación. Madrid.

Obxetivos:

Formar expertos en cooperación internacional o desenvolvemento que poidan traballar nos centros públicos e privados nacionais e internacionais de cooperación ó desenvolvemento, así como mellorar as habilidades de xestión das persoas que participan nas Organizacións Non Gubernamentais de Desenvolvemento para que poidan formular os seus programas e actuacións cun maior grao de eficacia e eficiencia.

Titulación:

Diploma de Postgrao en Cooperación Internacional ó Desenvolvemento e Xestión de Organizacións Non Gubernamentais.

Programa:

Módulo I : Introducción á cooperación internacional ó desenvolvemento. 
Módulo II : Instrumentos de cooperación internacional ó desenvolvemento. 
Módulo III: O traballo en cooperación internacional por ámbitos de actuación e os seus principais actores. 
Módulo IV : A organización e a xestión das ONGD na práctica.

Duración e organización:

Para obter o Curso de Formación Específica de Postgrao haberá que cursar 18,2 créditos ECTS (152 horas presenciais) distribuidos da seguinte maneira: 15,2 créditos ECTS en ensinanzas teórico-prácticas e 3 créditos mediante a elaboración dunha Memoria de Investigación.

As clases serán os xoves e os venres, de 16h30 a 20h30, e se iniciarán en septembro de 2011 e finalizarán no mes de decembro de 2011.

Lugar de celebración das clases: Facultade de Dereito. Universidade de A Coruña.

Plazas: 30.

Matrícula: 1.200 euros. Existe un programa de bolsas.

Inscripción: Ata ó 29 de Xullo de 2011.

Prácticas:

Ó rematar o Curso de Formación Específica de Postgrao se xestiona un programa de prácticas en Institucións públicas e privadas.

Cartel do curso

Folleto e solicitude de inscrición

Información e solicitude:

Celsa Carrera Sampedro 
Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga 
Universidade de A Coruña 
Casa do Lagar 
Campus de Elviña, s/n 
15071 ? A Coruña 
Telf.: 981-167.000 
Fax: 981-167.013 
e-mail: iuee@udc.es

Tódala información xeral sobre estos estudos pode consultarse en:

www.udc.es/iuee