Xunta de Centro

 

A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro. Nela áchanse representados todos os sectores que integran a comunidade universitaria.

Ten, entre outras, competencia para:

  • Elixir o decano e, no seu caso, revogalo.
  • Supervisar a xestión dos diferentes órganos de goberno e de administración do centro.
  • Informar sobre a implantación de novas titulacións e estudos.
  • Elaborar e aprobar as propostas de planos de estudo das titulacións que se impartisen no centro.
  • Organizar as actividades docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito de competencia e coordinar e supervisar o desenvolvemento dos contidos mínimos das materias que imparten neles os departamentos, de acordo cos planos de estudo e cos obxectivos que se establecen para cada titulación.

A Xunta de Facultade está composta por:

  • O decano, que a presidirá e convocará.
  • Os vicedecanos e o secretario, que o será tamén da Xunta.
  • Un 70% do profesorado do centro. Todos os profesores funcionarios do centro pertencerán á Xunta e representarán, polo menos, un 51% do número total de membros desta. Sempre que for posible, o 19% estará cuberto por profesores non funcionarios. Os que impartisen docencia en máis dun centro serán membros da Xunta do Centro en que desenvolvan maioritariamente a súa actividade docente.
  • Unha representación do estudantado nunha proporción do 25% dos membros da Xunta.
  • Unha representación do persoal de administración e servizos nunha proporción do 5% dos membros da Xunta.

Ver Lista de Membros da Xunta da Facultade