Comisións

 

Comisión Permanente

É o órgano competente para resolver os asuntos de trámite, asesorar o decano nas cuestións que este lle formule, así como adoptar acordos sobre os asuntos que lle fosen delegados pola Xunta de Facultade.

Na súa composición reflíctese, proporcionalmente, a mesma representación dos diferentes sectores da comunidade universitaria que a que existe na Xunta de Facultade. Así, estará integrada por:

  • O decano, que a presidirá.
  • Os vicedecanos e o secretario, que o será tamén da Comisión.
  • Nove profesores, dos cales tres serán non funcionarios. Deberán estar representados todos os departamentos adscritos ao centro.
  • Catro representantes do estudantado.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

MEMBROS DA COMISIÓN PERMANENTE

 

Comisións Delegadas

Según contempla o pdf Reglamento de réxime interno da Facultade de Dereito (49 KB) as comisións delegadas, con carácter estable, que se implantan no centro son: a de Docencia, a de Garantía de Calidade, a de Asuntos Económicos e Infraestruturas, a de Biblioteca e a de Actividades Culturais e Extensión Universitaria.

Cada unha ocúpase dos asuntos da súa materia e todas elas contan con representación dos diferentes sectores da comunidade universitaria. Dos seus acordos deberán dar conta aos membros da Xunta de Facultade.

Ademais destas, a Xunta de Facultade poderá acordar a constitución das comisións específicas que estimar oportuno.

pdf Lista de membros das Comisións Delegadas (134 KB)

MEMBROS DA COMISIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS E EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

MEMBROS DA COMISIÓN DE ASUNTOS ECONÓMICOS E INFRAESTRUCTURAS

MEMBROS DA COMISIÓN DE BIBLIOTECA


MEMBROS DA COMISIÓN DE GARANTÍA DE CALIDADE

MEMBROS DA COMISIÓN PERMANENTE