Equipo de Goberno

Órganos unipersonais

Os órganos unipersonais que se encargan da dirección do centro están constituídos polo decano, os vicedecanos e o secretario. Estes cargos académicos, que conforman o equipo decanal, desempéñanos, actualmente, as seguintes persoas:

Decano: José Antonio Seoane Rodríguez [ver ficha]
decano.derecho@udc.es


O decano representa o centro, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os acordos destes, e vela polo cumprimento da legalidade, polo bo funcionamento dos servizos e polo mantemento da disciplina académica. É elixido pola Xunta de Facultade, entre os profesores doutores que pertencen aos corpos docentes universitarios que se adscriben ao centro, e nomeado polo reitor. A duración do mandato do decano é de catro anos e poderá ser reelixido para un segundo mandato de igual duración.



Vicedecana de Estudiantes e Ordenación Académica:
Prof. Dr. Marcos Antonio López Suárez
[ver ficha]
vicedecana.organizacion@udc.es

 

Vicedecana de Relacións Internacionais e Institucionais:
Prf.ª Dr.ª Carmen Garcimartín Montero
[ver ficha]
vicedecana.derecho@udc.es


Vicedecano de Calidade, Seguimento das Titulacións e Coordinador do Grao en Dereito:
Prof. Dr. Juan Cámara Ruiz
[ver ficha]
camara@udc.es

 

Os vicedecanos dirixen e coordinan as súas respectivas áreas de competencia que lles asigna o decano. Son nomeados polo reitor, por proposta do decano, de entre os membros da comunidade universitaria do centro.



Secretaria: Prof.ª Dra. Carolina Pereira Sáez [ver ficha]
secretario.derecho@udc.es

O secretario é o fedatario dos actos e dos acordos dos órganos colexiados de goberno e administración do centro. É nomeado polo reitor por proposta do decano. Correspóndelle, entre outras funcións, a formación e a custodia dos libros de actas dos órganos colexiados do centro, a recepción e a custodia das actas de cualificación dos exames e a expedición de certificacións.

Así mesmo, a xestión administrativa áchase a cargo de Dna. Mª Carmen Herraiz García, secretaria do Decano (decanato.dereito@udc.es; ext. telefónica 1516). [ver ficha]