Presentación

Na Declaración de Boloña (1999) os Estados da UE comprométense a coordinar as políticas educativas para a creación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), como moi tarde antes de 2010. A creación do EEES persegue, en primeiro lugar, a implantación dun sistema de créditos europeos, coñecido como ECTS, que ten por finalidade a promoción da mobilidade do estudantado. En segundo lugar, pretende adoptar unha estrutura común e comparable de títulos.

Todo isto vai requirir un traballo de adaptación importante do noso sistema universitario que precisa da implicación das administracións públicas, das universidades, do profesorado e do estudantado. Na procura deste obxectivo, este sitio web, denominado Espazo Boloña, pretende dar cabida a toda a información vinculada ao proceso de converxencia europea no marco desta facultade e da Universidade.