Indicios de Calidade

Cómpre salientar que, na actualidade, se seguimos os datos facilitados polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, o Anuario da Facultade de Dereito dispón de intercambio con 48 revistas pertencentes a outras universidades de ámbito nacional ou estranxeiro, así como tamén con diversas publicacións editadas por prestixiosas institucións españolas.

 Entre as principais bases de datos que actualmente inclúe a revista, sinalamos as seguintes: LATINDEX, DURSI, DIALNET, CINDOC-CSIC, REBIUN, catálogo da UCO, catálogo da UB, catálogo da Uvigo, Catáleg Col-lectiu de les Universitats de Catalunya, catálogo da Biblioteca Nacional de España e o catálogo do Ministerio de Educación de Revistas Españolas de Ciencias Sociales.

Aínda que conta cunha curta existencia, o Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, tamén se recolle no informe titulado: "Análise das citas dadas polas Revistas españolas de Dereito e Periodismo a partir das Revistas mellor valoradas polos pares", elaborado por Mª Dolores Alcain Partearroyo, do CINDOC, subvencionado como proxecto pola Dirección General de Universidades do Ministerio de Educación e presentado con data de 15 de novembro de 2004; e na Categorización de Revistas Españolas de Humanidades, elaborada por Adelaida Román Román, en decembro de 2005, e financiada polo Ministerio de Educación e a Dirección General de Universidades.