Información dispoñible

O fondo documental do CDE cubre todos os ámbitos temáticos comunitarios:

  • asuntos xerais, financeiros e institucionais.
  • unión aduaneira e libre circulación de mercadorías .
  • libre circulación de traballadores e política social.
  • dereito de establecemento e libre prestación de servizos.
  • política de transportes.
  • política de competencia.
  • política económica e monetaria e libre circulación de capitais.
  • fiscalidade.
  • relacións exteriores.
  • enerxía.
  • política industrial e mercado interior.
  • política rexional e coordinación dos instrumentos estruturais.
  • protección do medio ambiente, do consumidor e da saúde.
  • ciencia, información, educación e cultura.
  • dereito de empresas.

Poden consultarse:

  • Monografías e publicacións periódicas: as doadas pola OPOCE
  • Documentos institucionais: COM (Comisión), PE (Parlamento Europeo) CESE (Comité Económico e Social Europeo) e CDR (Comité de Rexións), informes, estudos...
  • Xurisprudencia do Tribunal de Primeira Instancia e do Tribunal de Xustiza.
  • Folletos divulgativos: información xeral que editan as institucións da Unión Europea.
  • Diario Oficial da Unión Europea en versión dixital
  • Todos os recursos europeos dispoñibles en internet.