Logo MAXE

Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial. Especialidades: "Dereito Inmobiliario e da Construcción", "Dereito Urbanístico", "Dereito Ambiental"

Atrás

 

El plazo de preinscripción para el MAXE curso académico 2011-2012 para los alumnos extranjeros de países no pertenecientes al EEES finaliza el 14 de abril 2011. La preinscripción deberá realizarse por Internet en: http://matricula.udc.es/preinsmaster.

O Máster de Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) participará na Feria Internacional de Estudios de Posgrado que se celebrará en Santiago de Compostela (Hotel Monumento de San Francisco) o luns 28 de marzo de 2011, de 16 a 19 horas. Mais información en http://www.fiep.es/fiepsantiago.htm. Agardámosvos!


Aula 17

A Universidade da Coruña imparte por cuarta vez no curso 2010/2011 un master oficial de carácter profesionalizador dentro do Programa de Posgrao en Dereito.

A formación dos estudantes de Master en Asesoramento Xurídico Empresarial estará dirixida á profundización das materias relevantes no eido empresarial e ao coñecemento de novos recursos, xurídicos e doutro tipo, que permitan afrontarse con seguridade a multitude de situacións diversas. Os contidos formativos estarán adaptados aos conflictos e necesidades xurídicas propias da empresa, adquirindo as habilidades necesarias para poder actuar de modo autónomo nun entorno complexo ou mesmo descoñecido.

A estructura do Máster permitirá aos estudantes recibir formación xurídica xeral sobre o asesoramento da empresa e formación especializada en tres áreas de gran interese na actualidade: o Dereito inmobiliario e da construcción, o Dereito urbanístico e o Dereito ambiental.

A formación será eminentemente práctica, garantindo os recursos que permitan aos estudantes coñecer, elaborar, correxir ou valorar documentos, expedientes, conflitos e archivos reais. O periodo de prácticas en empresas, entre os meses de outubro e xaneiro de 2010, realizarase en Administracións públicas, empresas e despachos de avogados de recoñecido prestixo.

A metodoloxía docente, inspirada no sistema de créditos ECTS, centrarase esencialmente no traballo do alumno ao longo do curso académico. De ahí que a presencialidade nas aulas se reduza considerablemente, favorecendo a realización doutro tipo de actividades especializadas e tutorizadas. A organización do tempo de traballo persoal polos estudantes verase favorecido pola flexibilidade dos horarios e a programación das actividades académicas.