English Programme para os estudantes da UDC

A Facultade de Dereito da UDC oferta un programa en inglés ao que poden incorporarse todos aqueles alumnos do Grao en Dereito que así o desexen e teñan suficiente dominio desta lingua. O programa ten unha dobre finalidade: ofrecer a todos os alumnos a posibilidade de mellorar o uso do inglés, como valor engadido ao seu curriculum, e servir de preparación para quen desexe realizar unha mobilidade internacional nunha Universidade que, pola súa banda, ofreza tamén un programa en inglés. É de interés, así mesmo, para os alumnos que teñan pensado cursar, ao finalizar o Grao, o dobre Master (MAXE + LLM in Corporate Law & Finance en Delaware, USA) que ofrece a Facultade de Dereito.

O número de asignaturas que se ofertan irase incrementando cada ano, coa idea de que os alumnos quen comezaron o Grao no curso 2016-2017 teñan a posibilidade de cursar unha titulación bilingüe. Os alumnos de cursos máis avanzados poderán igualmente incorporarse a estas clases, aínda que o número de créditos que cursen en inglés non lles alcance para obter a titulación bilingüe.
Quen desexe realizar asignaturas en inglés deberá elixir esta opción no momento de realizar a matrícula. Nos casos en que isto non é posible, deberán solicitalo nas dúas primeiras semanas do curso mediante o impreso que se lles facilitará en secretaría. Todos deben xustificar polo menos un nivel B1 de inglés, ou realizar a proba de nivel no Centro de Linguas nalgunha das convocatorias oficiais previas ao comezo das clases.