NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA 2012/2013

5.5. Matrícula en cursos extinguidos de titulacións non adaptadas ao EEES


5.5.1. Unha vez que se extinga cada curso, os alumnos poderán presentarse a dúas convocatorias de exame en cada un dos tres cursos académicos seguintes, sempre atendendo ao número de convocatorias utilizadas e de acordo co establecido na alínea a) da disposición transitoria segunda do Real decreto 1393/2007, de 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, de 2 de xullo. A matrícula deste alumnado non dá dereito á docencia, só a dúas convocatorias de exame no curso 2012/2013.


5.5.2. Se consumisen as convocatorias que lles corresponderen en cada materia sen superaren as probas, ou unha vez que remate o prazo dos tres cursos académicos seguintes a que se refire o parágrafo anterior, aínda que non consumisen o número de convocatorias indicado, os alumnos poderán acollerse aos procedementos do artigo 9 destas normas. En calquera outro caso terán que se incorporar á nova ordenación académica de estudos de grao.


5.5.3. En calquera caso, os alumnos que comezasen os seus estudos conforme á anterior ordenación académica poderán incorporarse ás novas ensinanzas de grao de acordo co previsto na epígrafe 5.7 deste artigo.