CONVENIO DOBRE TITULACIÓN MAXE

ÁBRESE A POSIBILIDADE GRADUARSE CONXUNTAMENTE NO MESTRADO EN ASESORAMENTO XURÍDICO EMPRESARIAL (MAXE) DA UDC E NUN DOS MESTRADOS EN DEREITO SOCIETARIO MÁIS PRESTIXIOSOS DOS ESTADOS UNIDOS

20150601 090711A Facultade de Dereito da UDC subscribiu un acordo de dobre titulación coa Widener Law School (USA), do que poderán beneficiarse, a partir do curso 2015/2016, todos os estudantes que se matriculen no Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE). Tratase dunha relación exclusiva da UDC, sendo a nosa universidade a única institución que oferta actualmente esta posibilidade de educación xurídica internacional dentro do Estado.

A través dun sistema de recoñecemento mutuo, este programa internacional posibilita que os estudantes matriculados no MAXE sexan ao mesmo tempo alumnos do LLM in Corporate Law & Finance (Dereito societario) de la Widener Law School, obtendo, tras estudar na 20150601 091034Universidade da Coruña e en Wilmington (Delaware), dous títulos: o Mestrado Universtario da UDC e o Mestrado oficial da Universidade norteamericana.

O LLM in Coporate Law & Finance da Widener Law School ten sido considerado na última década un dos dous mellores mestrados na especialidade de Dereito de sociedades de todos os EE.UU. Na Widener Law School está igualmente situada a sede do Delaware Journal of Corporate Law (considerada a segunda mellor revista especializada en Dereito mercantil dos EEUU entre 2006 e 2013, só por detrás do Yale Journal on Regulation), xestionada, en parte, por estudantes procedentes do mestrado.

Segundo o Convenio asinado por ambas institucións, o primeiro semestre do mestrado os estudantes ficarían na UDC estudando a lexislación básica que debe manexar o asesor xurídico de empresa, viaxando despois á Wilmington para realizar un segundo 20150601 105644semestre de especialización no Dereito de sociedades. 


As taxas que deberán pagar os estudantes en EE.UU. por participar no dobre programa son moi inferiores as que se lles esixen aos propios estudantes americanos, en virtude do Convenio asinado coa institución coruñesa. A maiores, a Facultade de Dereito da UDC está a buscar patrocinadores locais deste programa dobre que podan financiar bolsas para os estudantes máis destacados do Mestrado Universitario.

Cartel del máster [PDF]

 

 

20150601 105752