Aviso importante para todo o alumnado de grao e máster


Publicouse no seguinte enlace: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2019/003091 a instrución pola que se desenvolve a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e Máster Universitario na UDC”.

É unha novidade importante para a permanencia do alumnado sobre todo no caso dos estudantes de 2º curso de másteres que non dan acceso a profesión regulada, xa que deben cumprir os requisitos da citada norma para poder matricularse o vindeiro curso 2019/2020.